Superfunk
Estaba abaixo vin o brillo e foi cando espertei, erguinme no espello saín a través del / Lémbrote correndo por aquela praia, dende aquela teño claro que ti non me faias / Levo as pernas arriba coma Bonnei M, cruzo a rúa coma no pasillo de Soultrain / Xuntarnos todas é noso vicio, imos antes que tamén esté prohibido
Se esta noite ti queres bailar, habémonos mirar no Superfunk
Hoxe o mal rollo está de máis, hoxe toda a noite e nosa
bailaremos ao redor da bola de cristal.
Habémonos ver, heite mirar
bailando toda a noite no Superfunk
Habémonos ver, heite mirar
no Superfunk (bis)
Con un paso do Jamiro foi como empecei, sentinme un experto movínche ben os pes / Quérote rompendo toda a túa saia, a xente mira pro escenario e ti nunca paras / Reventando a tarima como os Parliament, subo a lúa como Smokey Jhonson e estou wel / Xuntarnos todas é noso vicio, simios danzantes que saben o que é o ritmo
Se esta noite ti queres bailar, habémonos mirar no Superfunk
Hoxe o mal rollo está de máis, hoxe toda a noite e nosa
bailaremos ao redor da bola de cristal.
Habémonos ver, heite mirar
bailando toda a noite no Superfunk
Habémonos ver, heite mirar
no Superfunk (bis)
Brétema
Xa pasou o vrao, xa pasou o vrao
Xa pasou o vrao
Vai frío o tempo nin o miro, o funki da un respiro, facéndome mover os pés / Vampiros á partir das seis buscando sangue quente que baile ben / Son rico se teño un micro non necesito fotos de bicos en chiringuitos / non preciso o sol envolto como unha momia / Xa pasou o vrao xa pasou o vrao / Marcharon as tómbolas e as norias non queda nin dios na praia / estou solo por Noia eres unha madrileña máis na memoria / Agora sento no meu barco a birras tentando esquecer que estou a
dúas velas penso no que fomos e cárganseme as pilas empeza a orballar volto pra Compostela
Xa pasou o vrao, xa pasou o vrao
Volver a verte na brétema
Na noite non terte máis
Solo queda auga sen sal
Nin sol hai (bis)
Xa pasou o vrao
O verde brilla moito máis de cada vez, chove coma se fóramos peixes / o noroeste non é como o creíches coñecer marchaches convencida de que vai calor sempre / escribo pra que voltes bebe, pero con este vento rechino os dentes / os paraugas caros non chegan a final de mes ninguén vai taparte, apartarse, cornisas de aluguer que non podes pagarte / sorrisos en terrazas que recordas como se foran onte e aquí xa nos puxemos coma pitos vinte veces desde que te fuches / Menudo derroche de auga temos herba pra o pracer da que ven de vacas encanta / Aquí o inverno empeza cando marchas
Inúndase ata o inferno con unha borrasca.
Xa pasou o vrao, xa pasou o vrao
Volver a verte na brétema
Na noite non terte máis
Solo queda auga sen sal
Nin sol hai (bis)
Os nenos
Queres vir xogar aos médicos, facer cuchicuchi, queres xogar a botella e darnos bicos cursis / darme golosina, ou facerme moving, dende neno levo tirándoche os trastos / A suor no pabillón, na porta do baño un corazón, notiña de amor no teu pupitre / quedamos despois vémonos nun banco pasan dúas horas tu nai está chamando / Fago un fanfic con Pamela Anderson, tacho o seu nome, poño o teu e mándocho / gústasme, gústoche admitámolo, corre que te corre polo callejón / Eu contigo estou en modo avión, móvoche o bombo, tócasme o cu facendo un combo / pintamos dous rombos non temos fondo, ailovio moito.
Sempre estamos correndo, somos nenos atrás do tempo
son un neno correndo (bis)
Entro no teu insta e douche like, a foto na que vas cos pantalóns máis guais / Non che fago follow por vergoña bae comenteiche un día pero nunca máis me contestaches / mecachis, sempre esperando por ti. A miña vida son baches con parches cando te vexo, pero co tempo volven a saír / Non marches quero decircho, eres a mellor persoa que coñecín / Fasme falta quero ser o teu bicho ser un neno contigo ata que me largue de aquí / Xa comprei un nicho dobre, ti sacáchesme de pobre a primeira vez que vin os teus ollos cobre / se non me miran estarei de loito rapaza ailovio moito.
A Sétima Ola
Agarrame forte a man, abre os ollos / puxamos todo o que podemos
Despois outra ola virá e outra máis, amor / non pararán
A túa risa fainos medrar e a morriña / habemos de jabear por ela
De reollo mirar atrás, que cativos / Por diante todo mar
Nunca faltou de onde está / e agora sei por que
Nunca faltou e teño forza para correr
Non che sei como é / puxamos todo o que podemos (bis)
… / Non pararán
Ola, ola. O teu estilo mola / na praia de hoxe encontrei unha caracola / pra que poidas escoitar o mar a súa forza / acouga toda a auga e pouca / con estas ganas que lle pos colles cresta e bouras róubasme o corazón / a slow motion nena Bond brillas abondo, voas por encima do horizonte / Moitos esperan sorte, ti sabes cando porte / lévame no tubo de transporte, chegamos a marte nun vórtice con ventos de compoñente norte / xa amorticei a viaxe so con verte de novo botando de menos resacas de fondo / aprendo de ti a mirar ao futuro, imos que non nos mareamos seguro.
O mar
Nunca faltou de onde está / e agora sei por que
Nunca faltou e teño forza para correr
Non che sei como é / puxamos todo o que podemos (bis)
Non pararán, non pararán / puxamos todo o que podemos (bis)
Enxeitotal
Deixa que o saxo tolo te leve a un novo mundo / onde so bailas e saltas onde non existe o futuro / so con chiscar a punta dos dedos todo problema desaparece / aquí so hai música ventos a túa chegada que anuncian o verme / que che sube por esas pernas contaxia as cadeiras núblache a mente / aquí non existe San Pedro que cuide das chaves está aberto pra xente / non te reprimas solta a melena berra con forza, gasta os zapatos / chegaches ao sitio perfecto para ser libre e queimar o pasado.
Todo ao teu xeito, tal e como imaxinas
Levándote ao climax Enxeito total
Non collen no peito, tal número de pulsacións
o corazón pide Enxeito total
Enxeito total, enxeitotal (bis)
Todo ao teu xeito, tal e como imaxinas
Levándote ao climax Enxeito total
Non collen no peito, tal número de pulsacións
o corazón pide Enxeito total
Os Dous
Sentounos tan ben o sol, que todo foi pra mellor / facendolle o amor o mar detívose o tempo en nós / hay tanto por facer e avida segue a correr / lévoche o soul na man cantando non podo parar
Estou pensando que o que nunca vin
a forza do mundo a puxar so por mi
Temos que ser os dous
Temos que ser os dous (bis)
Xa puxemos a primeira pedra, un so non pode con ela / pra facer un dolmen e que quede decente hai que deixarse de lerias / Temos que ser os dous, viño doce e ideas flúen co ritmo funki / calmando as fieras, facéndolles enteiras, histéricas, enérxicas / as máquinas de baile quédanse pequenas / cada ovella coa súa parella, esquílame ben que teño jedellas / Dende que te vexo berro máis o “yes y´all” un “Get down” fresco, certo / a miña man segue firme como o primeiro día para mostrarche outra vía de escape, levarte pola ría / colgarnos nunha nube de euforia, deixarnos de historias calmarche o día, volver a noria / o vértigo do escenario aínda a agobia, non fai falla tila si ti estás tan arriba coas túas pernas que non se esgotan.
Estou pensando que o que nunca vin
a forza do mundo a puxar so por mi
Temos que ser os dous
Temos que ser os dous (bis)
A penúltima
Bebo ron so, licor de herbas so, bebo lúpulo. E ti que bebes? (bis)
Cada vez gústame menos andar así, pero non hai volta atrás i eso doime / hoxe as resacas duran tres días e non me acordo do que fixen onte / creo que tomei unha mala decisión, en vez de ir pra casa quedei tomala última / pero era unha mentira unha mala opción, acabei borracho coma sempre sen vítima
Tómalle a última, a penúltima, chuvia púrpura disipa a oscurida
Xa non queda ron, solo queda funk
Tómalle a última, a penúltima, chuvia púrpura disipa a oscurida
Xa non quedan herbas solo queda funk
Tómalle a última, a penúltima, chuvia púrpura disipa a oscurida
Xa non queda birra, solo queda funk
Tómalle a última, a penúltima, chuvia púrpura disipa a oscurida
Non queda nin auga e solo queda o funk
Cada vez gústame menos andar así, pero non hai volta atrás i eso doime / búscolle tres pés ao gato e atopo seis e aínda me sobran dous, sen contar o gato que ten ao lado e que se lle parece moito / Xa nin escoito, estou forisima da dimensión real / estou bailando pero sen saber cando, estou pedindo outra porque esquecín en que esquina do bar deixei unha copa sola / xa non vevo Cocacola así que porriba está o Legendario solo / o xeo xa marchou, a calor consegui ligar con él e derretiuse nos seus brazos / Coma eu nos teus, non me podo resistir entre a xente arrímaste e sorrís / Concédeme o último baile que estou pra afundir.
Tómalle a última, a penúltima, chuvia púrpura disipa a oscurida
Xa non queda ron, solo queda funk
Tómalle a última, a penúltima, chuvia púrpura disipa a oscurida
Xa non quedan herbas solo queda funk
Tómalle a última, a penúltima, chuvia púrpura disipa a oscurida
Xa non queda birra, solo queda funk
Tómalle a última, a penúltima, chuvia púrpura disipa a oscurida
Non queda nin auga e solo queda o funk
Do Sical
Andiven terras que xamais soñei / Crucei ben pontes sen pousar os pes / No peto sempre levei unha fror / Rematei voltando a casa a procura do amor
Cosendo os días á beira de meu pai/ as horas fanse longas mais teño forza pra mais/ hei de verte de seguro á noitiña/ agochados coma sempre a xogar por entre as viñas / Vou cun sorriso na cara limpando as botas da lama / da derradeira viaxe donte na batela/ sempre me terás a min para faguerche as beiras/ para corrermos xuntos na nosa eira.
Lembro de estar a facerche as beiras
Lembro do mundo a puxar por nós
Xa estou de volta pra o que ti queiras
Pra xogar na nosa eira a procura do amor (bis)
Se un día tes receios de que se apagou a chama / 1000 quilómetros por nós, son 4 pedaladas / Lémbronos gravando coa navalla da miña avoa o noso nome naquela pola / O camiño sempre é curto dende a Laxe a Lamela / e as mans sempre cheirando a café / de andar polos carreiros ou do torreiro da festa / cargabamos a cesta con xeito e fe / Recordo Suíza coa roupa sucia ti recollendo ducias aquí en Galicia / vendo os teus beizos subido a calquer predio cando facía frío pensaba nos abrazos / quero chegar á choza cantarche un fado, cruzaría o miño a nado conxelado / estraneite tanto que conto cada paso que queda para volverte a ver.
Lembro de estar a facerche as beiras
Lembro do mundo a puxar por nós
Xa estou de volta pra o que ti queiras
Pra xogar na nosa eira a procura do amor (bis)